Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 1 DE XULLO DE 2011

xoves, 30 xuñ 2011
1.- Acta da sesión ordinaria do 17 de xuño de 2011.

CONTRATACIÓN
2.- Recurso especial en materia de contratación interposto por Lagares Oca S.L. Expte. 18994/240.

3.- Devolución de fianza a favor de El Corte Inglés S.A. Expte. 3676/241.

4.- Proposta de autorización de constitución dunha hipoteca a UTE Eloymar-Tranvías sobre a concesión de aparcamentos subterráneos de Urzáiz e Praza de Independencia. Expte. 3699/241.

CULTURA
5.- Proxecto de convenio de colaboración para a organización dos programas "Vigo, un mar de bandas" e Aulas de música nas bandas para o ano 2011. Expte. 3936/335.

6.- Proxecto de convenio de colaboración coa asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPAVI) para organización do programa 2011 "Vigo un mar de corais". Expte. 3937/335.

EMPREGO
7.- Nomeamento interino dun axente TIC para a execución do Programa de Carácter temporal "Rede CeMIT" no Telecento do Concello de Vigo. Expte. 8316/77.

IGUALDADE
8.- Concesión de subvencións da Concellería de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2011. Expte. 4844/224.

INTERVENCIÓN XERAL
9.- Xustificantes de libramento.

LIMPEZA
10.- Indemnización substitutiva por importe de 13.447,62 € a favor da Mercantil TOYSAL pola xestión dos residuos voluminosos da cidade de Vigo no mes de maio 2011. Expte. 3054/252.

MEDIO AMBIENTE
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados no Servizo de Medio Ambiente no mes de xuño 2011. Expte. 7868/306.



PATRIMONIO HISTÓRICO
12.- Plan de Seguridade e Saúde das obras de construcción da primeira fase do Centro Galego de Fotografía (anexo III). Expte. 6058/307.

POLICIA LOCAL
13.- Proxecto de convenio de colaboración en materia de formación da Policía Local coa Academia Galega de Seguridade Púbica. Expte. 34602/212.

14.- Incoación de expediente disciplinario as funcionarias de carreira con posto de Policía Local, Da. Celina Agahwa e Da. Aída Villar Silva. Expte. 34767/212.

15.- Expediente de contratación do servizo de radiocomunicacións da Policía Local. Expte. 33606/212.

16.- Indemnización substitutiva por importe de 11.717,53 € a favor da mercantil Taelpo correspondente aos meses de marzo e abril de 2011. Expte. 34701/212.

17.- Indemnización substitutiva por importe de 7.077,72 € a favor de Aquilino Molina Valín por transporte, montaxe, recollida de vallas e servizos de seguridade viaria ( primeira quincena febreiro 2011). Expte. 34664/212.

18.- Indemnización substitutiva por importe de 7.077,72 € a favor de Aquilino Molina Valín por transporte, montaxe, recollida de vallas e servizos de seguridade viaria (segunda quincena febreiro 2011). Expte. 34670/212.

19.- Indemnización substitutiva por importe de 7.077,72 € a favor de Aquilino Molina Valín por transporte, montaxe, recollida de vallas e servizos de seguridade viaria (marzo 2011). Expte. 34686/212.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 1 de XULLO de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 29 de xuño de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.