Abre a Feira do Libro de Vigo
A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros dende o 1 e ata o 10 de xullo coa celebración da XXXVII Feira do Libro de Vigo. A escritora Iolanda Zúñiga será a encargada da lectura do pregón inaugural ás 19:30 horas.
Nesta edición haberá 9 librerías, 6 editoriais, a Biblioteca Central, unha caseta institucional e otra de información. Todas elas abrirán no horario habitual de 11.00 a 14.00 horas e, pola tarde, de 18.00 a 22.00 horas. Aplicaranse, como é tradición, o 10% de desconto nas vendas de libros.
Descargar todas as imaxes