Caballero clausurou no Pazo de Castrelos a XXII edición da Olimpiada Matemática
O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.
Vigo acolleu desde o pasado 26 de xuño ata hoxe xoves a vixésimo segunda edición da Olimpiada Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e coa colaboración da Concellería municipal de Educación.
A organización preparou un amplo e completo programa que combinou actividades matemáticas con propostas culturais e lúdicas, ademais de visitas turísticas.
Descargar todas as imaxes
A organización preparou un amplo e completo programa que combinou actividades matemáticas con propostas culturais e lúdicas, ademais de visitas turísticas.