venres, 1 xul 2011
Segundo explicou o primeiro edil, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde das obras de reforma deste centro, e adiantou que os traballos darán comezo a vindeira semana. Esta iniciativa municipal proporcionará "melloras certamente excepcionais" ao Mercado e aos seus usuarios, apuntou Caballero.
venres, 1 xul 2011
A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, presenciou hoxe venres o inicio da demolición parcial dun edificio situado na rúa Eduardo Chao, actuación acometida "no interese de salvagardar a seguridade". Explicou que esta orde de execución urxente chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de seguridade que lle foron requeridas pola Xerencia de Urbanismo o pasado mes de decembro
venres, 1 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, recibiron este venres a un grupo de xornalistas británicos, chegados onte á cidade dentro dunha acción promocional do Concello. Dentro do convenio con Vueling para o voo Vigo-Londres, o Concello incluíu a realización de actividades de promoción turística e comercial da cidade no exterior, cláusula da que forma parte esta visita de xornalistas especializados.