O alcalde tende a man ao novo presidente da Autoridade Portuaria para "o beneficio da cidade e do Porto"
Abel Caballero tendeulle a man ao novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chavez, cuxo nomeamento foi publicado hoxe xoves no Diario Oficial de Galicia, "para o acordo e para manter unha relación fructifera de cooperación que redunde no beneficio da cidade e do Porto". O alcalde afirmou que fará "todos os esforzos" para entablar un clima de "cooperación" institucional, como fixo cos anteriores responsables, "coa única condición da legalidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tendeulle a man este xoves ao novo presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves, para a "cooperación" en "beneficio da cidade e do Porto".
En declaracións aos medios tras ser publicado o nomeamento do exconcelleiro municipal no DOG, Caballero apuntou que "creo que iniciamos unha etapa nova, é un momento novo e ocupa un cargo novo", polo que "téndolle a man para o acordo e para manter unha relación fructifera de cooperación que redunde no beneficio da cidade e do Porto".
O alcalde expresou que "o Porto é o corazón económico desta cidade" e adiantou que non vai "escatimar ningún esforzo" para mellorar o dinamismo da institución. Caballero explicou ter a "esperanza e expectativa de que sexa posible a cooperación" e recordou que, cos responsables anteriores, esta foi "total e absoluta, coa única condición da legalidade".
Neste aspecto, o primeiro edil vigués aseverou que as dúas obras máis importantes executadas nos últimos anos, o silo de automóbiles e a ampliación do molle de Areal, contaron co seu apoio, no primeiro caso para a aprobación no Consello de Adminitración e, no segundo, retirando o recurso xudicial que o paralizaba cando chegou á Alcaldía de Vigo.
Descargar todas as imaxes