Vigo cederá auga a Baiona e Caballero reclama á Xunta unha conexión do Verdugo ao encoro de Eiras
O alcalde de Vigo garantiu este luns abastecemento de auga para Baiona ao seu homólogo, Jesús Vázquez Alumuiña, cesión que estudará cos técnicos nos próximos dous días. Caballero indicou que a situación actual dos encoros de Vigo -suficiente para o verán- é das peores dos últimos dez anos, polo que reclamou á Xunta de Galicia que constrúa un empalme desde o río Verdugo ata Eiras, por "responsabilidade" e prevendo un outono seco.