Escoitar

As finanzas do Concello perciben a máxima nota da axencia Fitch na débeda a curto prazo e asegura que "as perspectivas son estables"

A axencia estadounidense Fitch Ratings emitiu o pasado 22 de xuño o seu informe sobre a calificación do Concello de Vigo, confirmando a máxima nota posible na débeda a curto prazo, F1+, e a segunda mellor na de longo prazo, AA, definida como "moi boa". Fitch, que estudou in situ as contas municipais en base ao orzamento de 2011, avalia igualmente as perspectivas do Concello para o futuro, que cualifica de "estables".

martes, 28 xuñ 2011
1309262592fitch.jpg
A axencia estadounidense Fitch Ratings emitiu o pasado 22 de xuño o seu informe sobre a saúde financeira do Concello de Vigo, que percibe a máxima nota na débeda a curto prazo, F1+, e a segunda mellor na de longo prazo, AA.

Esta entidade confirma así os resultados da última análise, de 2009, desta volta en base aos orzamentos de 2011, e adianta unha terceira valoración positiva sobre o Concello vigués afirmando que as perspectivas económicas de futuro son "estables".

Fitch Ratings asegura que as calificacións do Concello baséanse na "disminución pero todavia satisfactoria execución do orzamento, alto nivel de tesorería, unha débeda financeira moderada e certa concentración económica".

O informe da calificadora fala dunha "xestión prudente" no consistorio vigués e adianta que Vigo, neste ano, "podería xerar un superávit" de millón e medio de euros. Refírese igualmente á tesorería municipal, que se "mantivo alta" en 105 millóns de euros, e "cubre a amortización da débeda 10 veces". Ademais, "Vigo ten unha política de liquidez conservadora", conclúe Fitch.
Descargar todas as imaxes