O alcalde clausura a Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou e contratou durante un ano a 31 alumnos
O alcalde, Abel Caballero, clausurou este martes unha nova edición da Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou a 31 alumnos ao tempo que percibiron unha retribución económica durante un ano. Segundo indicou, o Concello contactou con máis de cen empresas para conseguir a inserción laboral dos participantes. Caballero defendeu a creación de emprego como "a nosa vocación" de goberno e adiantou que o programa continuará en próximos anos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou este martes a Escola Obradoiro "Mar de Vigo", na que formáronse 31 alumnos e percibiron unha retribución económica durante doce meses.
Trátase da quinta edición desta iniciativa municipal, que procura que "un número relevante" de estudantes reciban, xunto ao contrato, a formación necesaria para incorporarse ao mercado laboral. De feito, o alcalde explicou que "cooperamos de forma activa na procura de emprego" dos participantes unha vez remata a Escola, e confirmou que o Concello contactou con máis dun centenar de empresas para procurarlles un posto de traballo.
Abel Caballero indicou que o sector naval, destino principal dos alumnos do Mar de Vigo, "está moi complicado" actualmente para a inserción laboral, pero "teñen o noso compromiso" de continuar colaborando na súa empregabilidade. "A creación de emprego é a nosa vocación", recalcou o primeiro edil.
O rexedor amosou a súa "satisfacción" polo desenvolvemento deste programa e confirmou a súa continuidade. Apuntou Caballero que esta iniciativa a cofinancian o propio Concello de Vigo -achegando 150.000 euros- e o Fondo Social Europeo -con aproximadamente medio millón de euros-, que fai chegar os fondos ao Concello a través das transferencias do Goberno de España á Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes