O intenso cromatismo de Menca Estévez enche os espazos da Alcaldía
O alcalde, Abel Caballero, presidiu este martes a inauguración dunha nova edición de Mostrarte, a primeira tras as eleccións municipais, a cargo da viguesa Menca Estévez, que ofrece na Alcaldía do Concello a súa personal proposta artística baseada nun intenso diálogo entre a cor, o formato e o espectador.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este martes o acto de inauguración da mostra na Alcaldía do Concello olívico a cargo de Menca Estévez, nunha nova edición de Mostrarte.
Durante a presentación da mostra, no que participaron distintos concelleiros municipais, Abel Caballero definiu a Estévez como "unha gran artista" salientando ao tempo a súa "capacidade e valentía" na súa "dedicación" ás artes.
O traballo pictórico desta artista caracterízase polo uso da cor, a intensidade cromática que traslada aos lenzos e o diálogo que entabla co espectador, grazas a unha alternativa moi persoal con preferencia pola xeometría e a captura do movemento.
Mostrarte, que acada con Menca Estévez a maioría de idade -18 edicións-, é unha iniciativa municipal que pretende levar á Alcaldía de Vigo a obra de artistas vigueses ou vencellados coa primeira urbe de Galicia, pois estas dependencias municipais acollen cada día a cidadáns, autoridades e medios de comunicación.
Descargar todas as imaxes