venres, 8 xullo 2011

O alcalde asistiu á presentación en Vigo da Campaña de Seguridade para a Náutica de Recreo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto con distintos corporativos municipais, acudiron hoxe venres ao Porto de Vigo á presentación realizada polo Ministerio de Fomento da Campaña deste ano, a cargo do secretario de Estado de Transportes, Isaías Táboas, e da directora xeral da Mariña Mercante, Isabel Durántez. A principal novidade desta campaña de verán é o uso preferente das novas tecnoloxías cun sitio específico e aplicacións para smartphones.

Sábados de lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

venres, 8 xul 2011

Ata o 16 e xullo todos os sábados celebrase na Biblioteca Xosé Neira Vilas "Os sabadiños", unhas divertidas xornadas de animación á lectura onde se desenvolven diversas actividades encamiñadas en fomentar nos nenos/as o gusto polos libros. Todas as sesións comezarán cun contacontos, seguido dun obradoiro relacionado coa lectura de cada día.

ANUNCIO

Pechadas ao tráfico as rúas MÉNDEZ NÚÑEZ e CHAO

venres, 8 xul 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe dun guindastre de obra, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estarán pechadas ao tráfico as rúas MÉNDEZ NÚÑEZ e CHAO, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 10 de xullo de 2011 dende as 08:00 horas até as 20:00 horas.