Escoitar

O museo Verbum abre a exposición "Vilagrafías. Fotos e textos sobre as vilas de Galicia" de Anxo Cabada

Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.Trátase dun traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.<br />

xoves, 7 xul 2011
1310040254vilagrafias.jpg.jpg
A poesía e a fotografía teńen o mesmo itinerario e ás veces as mesmas postais na maleta. As vilas estanse a converter no grande escenario da terra, o labirinto perfecto para atopar o corazón perdido das cousas. É ben certo que ata agora a vida na cidade era sinónimo de progreso, mais hoxe son moitas as urbes que se converteron en escenarios do desencanto.

Así, dende a ilusión ou o medo, as cidades resultan indefinibles. Do mesmo lugar hai unha visión diúrna e outra nocturna. Unha optimista e outra pesimista. Unha cara árida e outra amable. Un punto de encontro e moitos de desencontro. Desta idea xorde esta proposta, un traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.

As cidades son topografías da memoria e o sentimento, e tanto a cidade como a fotografía están en continua evolución e definición, por iso estas palabras e imaxes non tratan de documentar as vilas senón de buscar unha nova linguaxe, de reinventar a visión das cidades.

A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital, as fotografías son coma un mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía, nun camińo que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario.
Descargar todas as imaxes