Vigo acollerá a Asamblea Xeral de Travel Advisors, que aglutina axencias de viaxe especializadas en congresos e incentivos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, reuníronse hoxe mércores cos máximos responsables de Travel Advisors, quen confirmaron a celebración en Vigo da súa asamblea xeral, coa participación dunhas 120 persoas. Esta entidade está especializada en incentivos para as axencias de viaxes e turismo de congresos, polo que Caballero indicou que a convención "ten un gran interese para nós".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe mércores a visita dos responsables de Travel Advisors, entidade que aglutina ás axencias de viaxes especializado en congresos e incentivos, que celebrará a súa asamblea na cidade.
Caballero afirmou que a convención contará coa asistencia dunhas 120 persoas, profesionais do sector turístico, pertencentes á entidade, que factura sobre 500 millóns de euros. Adiantou o alcalde que Travel Advisors, que premia aos traballadores por incentivos con viaxes, ten interese en incluir Vigo dentro do seu programa.
O alcalde asegurou que esta asamblea, así como a reunión de hoxe, "ten un gran interese para nós" ao tratarse dunha compañía especializada en turismo de congresos, unha das ramas na que a cidade de Vigo busca especializarse.
Descargar todas as imaxes