Escoitar

Caballero reitera á Xunta que habilite un azud para garantir o abastecemento de auga no outono

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a remisión dun novo escrito á Xunta de Galicia para que habilite unha conexión entre o río Verdugo e o encoro de Eiras que garanta o abastecemento no caso de ter un outono seco. "Cremos que é imprescindible que a Xunta de Galicia atenda a demanda que lle está a facer esta cidade", apuntou, pois "non pódese por en risco o abastecemento de auga no outono". O nivel de auga nos encoros vigueses é o segundo peor da década.

martes, 5 xul 2011
1309869632Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes o envio dunha carta á Xunta de Galicia para reclamar novamente a construción dunha conexión entre o río Verdugo e o encoro de Eiras, para garantir o abastecemento de auga de Vigo no outuno.

O rexedor explicou que a situación de Eiras é a segunda peor da década e Zamáns está no terceiro peor exercizo, ademais de estar cedendo auga a Baiona actualmente. As previsións indican que "o verán é moi seco" e, na eventualidade de continuar en outono, o abastecemento pode estar en risco, polo que Caballero reclamou o azud para ter "garantias" en outubro.

"Cremos que é imprescindible que a Xunta de Galicia atenda a demanda que lle está a facer esta cidade", asegurou Abel Caballero, pois "non pódese por en risco o abastecemento de auga no outono dunha urbe da importancia de Vigo e todo o entorno".

Xa hai unha semana que o Concello reclamou a conexión do río Verdugo con Eiras de forma "inmediata". "Non é unha obra cara" pero ten "un efecto importantísimo" ao permitir a Vigo afrontar o outono con "garantias", aseverou Caballero.
Descargar todas as imaxes