Escoitar

O alcalde visitou o programa municipal de verán para discapacitados, que inclúe transporte e persoal especializado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, visitaron hoxe martes o Museo Verbum, onde lévase adiante o programa municipal "Lecer no Verán" para persoas con discapacidade. Explicou Caballero que esta iniciativa ten lugar durante as mañás dos meses de xullo e agosto, cun prezo de 5 euros máis o transporte, e con persoal especializado para a atención dos participantes.

martes, 5 xul 2011
1309869588lecer.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes unha das sesións do programa "Lecer no Verán", que organiza Política de Benestar durante as mañás de xullo e agosto.

Abel Caballero explicou que estas actividades de "divertimento para mozos e mozas con algún tipo de discapacidade" lévanse adiante en horario de 10 a 14 horas no mes de xullo e ata as 16 horas en agosto, tendo lugar en Samil no presente mes e na sede de Aspanaex no próximo.

Esta iniciativa ten un custe de cinco euros máis o transporte, ao contar "cun apoio da cidade certamente importante", xa que persoal especializado recolle aos participantes para levalos ao lugar da actividade. Caballero eloxiou a "atención, cariño e profesionalidade" coa que operan os traballadores deste programa.

Na sesión desta mañá, tal e como informou Caballero, eran 20 os rapaces e rapazas asistentes ao programa, que estiveron atendidos por un total de 12 persoas: 3 voluntarios, 7 monitores e dous directores.
Descargar todas as imaxes