O alcalde avanza que España xa solicitou unha reunión con Bruxelas para analizar o tax lease
Abel Caballero avanzou hoxe mércores que o Goberno de España xa solicitou en Bruxelas unha reunión para alcanzar un novo escenario legal -o anterior tamén o era, remarcou- de apoios fiscais xeralizables en toda Europa, que sirvan para reactivar a industria do naval. "Todos sabemos que a paralización destes apios fiscais supuxeron a paralización da contratación porque, como no se conoce o novo escenario, empresas como Vulcano ou Barreras teñen máis dificultades á hora de pechar contratos", incidiu.
Despois de aclarar que mantén contactos "case a diario" co Goberno de España por este tema, confirmou que o obxectivo do Executivo Central é chegar a un acordo "á velocidade de cruceiro" para que o novo escenario "esté pechado o antes posible".
Caballero recordou que o expediente contra as bonificacións fiscais do naval aplicadas en España, tax lease, foron denunciadas por Holanda polo que se abriu no Tribunal de Competencia un expediente que fai tres días obrigou a paralizar eses apios fiscais. O rexedor indicou que a denuncia levaba dous anos e medio en estudo e que foi a presión do Goberno holandés e do sector naval dese país o que obrigou a abrir o expediente e polo tanto decretar a suspensión.
Por outra banda, o alcalde de Vigo trasladoulle ao astaleiro Barreiras a vontade de cooperación do Goberno municipal en calquera tarefa de interlocución que poidera ser precisa, tal e como xa lle ofreceran a Vulcano fai un tempo. "Calquera empresa do naval terá o apio deste alcalde e de todo o Goberno", insistiu.
Descargar todas as imaxes