Escoitar

Pleno da Corporación: sesión extraordinaria

xoves, 7 xul 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 14

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 8 de XULLO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Dar conta do acordo da Xunta de Goberno Local de 17.06.2011, de delegación de competencias nos concelleiros de área e nos demais delegados.

2.- Dar conta da Resolución de 16.06.2011 da Alcaldía-Presidencia de distribución de dedicacións exclusivas e parciais.

3.- Dar conta de escritos de aceptación de concelleiros de dedicacións exclusivas.

4.- Dar conta da Resolución de 01.07.2011 da Alcaldía-Presidencia de modificación de anterior Resolución do 13.06.2011 de delegación de competencias.

5.- Proposta da Alcaldía referente á creación e composición das comisións do Pleno.

6.- Proposta da Alcaldía referente ó nomeamento de representantes da Corporación nos organismos autónomos municipais e no Padroado do Museo municipal "Quiñones de León".

7.- Proposta da Alcaldía referente ó nomeamento de representantes da Corporación na Asemblea da Área Intermunicipal de Vigo.

8.- Proposta da Alcaldía referente ó nomeamento de representantes da Corporación nos padroados de fundacións.


9.- Proposta da Alcaldía referente ó nomeamento de representantes da Corporación en diversos órganos de entidades públicas.

10.- Proposta da Alcaldía referente á designación de representantes municipais noutros órganos e entes.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día OITO DE XULLO para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información

Vigo, 5 de xullo de 2011

O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,

Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña