O emulador de vo da Patrulla Águila estará desde mañá na Porta do Sol

xoves, 21 xul 2011

O emulador de vo da Patrulla Águila estará o venres e o sábado, 22 e 23 de xullo, na Porta do Sol para que todos os vigueses que así o desexen poidan sentir as sensacións dos pilotos que o domingo van participar no Festival Aéreo de Vigo. O alcalde reiterou hoxe xoves a invitación a toda a cidadanía para achegarse o domingo a Samil, instando a que o fagan usando transporte público deseñado especialmente para a ocasión.

<br />

O alcalde recibiu ao novo comandante de Marina de Vigo

xoves, 21 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste xoves unha entrevista formal con Joaquín Ballesteros y Morata de Tapia, novo comandante de Marina na cidade de Vigo. O primeiro edil vigués destacou a "excelente folla de servizo", quen entre outros destinos, foi xefe de Gabinete da Casa Real.

O alcalde avoga por buscar "algunha outra liña de baixo custe" para impulsar a "aposta estratéxica" do Concello polo aeroporto de Vigo

mércores, 20 xul 2011

Abel Caballero ratificou hoxe mércores a aposta "estratéxica" do goberno local polo aeroporto de Vigo e anunciou que "imos buscar algunha outra liña de baixo custe" para Peinador por ser "moi convinte para esta cidade". O rexedor tamén apuntou que a conexión con Londres "interesa de forma substancial a esta cidade e imos falar con Vueling para producir novos avances" nesta ruta.

Caballero mediará co Goberno de España para que Defensa e Innovación teñan en conta a "altísima tecnoloxía" da empresa UtilVigo

martes, 19 xul 2011

O alcalde de Vigo mantivo na mañá deste martes unha reunión cos responsables desta empresa de capital íntegramente vigués, que elabora pezas de "altísima tecnoloxía" e emprega a entre 30 e 50 traballadores. Caballero indicou que o goberno de Vigo intermediará cos ministerios de Ciencia e Defensa para que teñan en conta á empresa viguesa, especializada en producción para a Armada e para o sector da automoción.

O Valedor do Cidadán será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia

martes, 19 xul 2011

O Valedor do Cidadán, Luis Espada, será o responsable de ler o pregón do Día de Galicia, nun acto que se celebrará o venres ás oito da tarde en Castrelos. Segundo avanzou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nesta edición se suprimirá o tradicional cátering, nuna decisión de aposta pola austeridade acorde "cos tempos de crise que estamos a vivir".

O alcalde ofrece colaboración "leal e sincera" ao novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

luns, 18 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este luns á toma de posesión do anterior edil municipal Ignacio López-Chaves como novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, tras ser nomeado pola Xunta de Galicia. Caballero subliñou que o Porto é "central" para a urbe e merece "todos os esforzos" polo que tendeu á man a López-Chaves para traballar por unha etapa "máis brillante e duradera".

Vigo acolle a IX edición do Festival Áereo de Vigo o próximo domingo

luns, 18 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou hoxe luns a toda a cidade, a toda Galicia e a todo o Norte de Portugal á IX edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo que se celebrará o domingo 24 na praia de Samil, a partir das 11,00 da mañá. Logo a asinar un convenio co copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, e o organizador, Pablo González, o rexedor resaltou a importancia de manter este evento "nunha época de dificultades económicas para todos".

O CES acorda por unanimidade apioar ás reivindicacións do sector naval en Vigo

luns, 18 xul 2011

O Consello Económico, presidido hoxe luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou por unanimidade apoiar ao sector naval na súa convocatoria de movilización cidadá prevista para o xoves, 21 de xullo. Logo dunha reunión de algo máis dunha hora, todos os representantes sindicais, empresariais, civís e políticos aprobaron un documento conxunto que tamén insta ao Goberno de España á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. <br />

O alcalde compromete o apoio de Vigo para consolidar o proxecto de NGC Banco

venres, 15 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladoulle hoxe venres a Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e José María Castellano o apoio do Goberno municipal para que se consolide un "proxecto financeiro estratéxico para a actividade económica de Vigo e a súa área de influencia". Logo de manter un encontro moi "cordial" cos xestores da entidade, o rexedor explicou que durante a entrevista analizaron os elementos vencellados co desenvolvemento financeiro do banco que se constituirá en setembro.

O Eixo Atlántico solicita unha moratoria das peaxes en Portugal ata que se solucionen os problemas técnicos

venres, 15 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu hoxe venres a comisión executiva do Eixo Atlántico, que acordou solicitar ao Goberno portugués unha moratoria para evitar os pagos "mentras non se resolvan os problemas técnicos das peaxes" no país veciño. Os muncipios deste organismo decidiron tamén reclamar máis seguiridade para os transportistas e seguir reivindicando a importancia do AVE para a Eurorrexión.