Caballero asegura que Blanco é o gran garante da ampliación da ponte de Rande
O rexedor garantiu hoxe mércores a licitación da ampliación da ponte de Rande, na que se investirán 200.000 millóns de euros, "porque tanto o ministro de Fomento como o alcalde de Vigo están volcados para que así sexa". Logo de felicitar ao ministro de Fomento, "garante da obra", criticou a Feijóo por opoñerse á dotar de maior capacidade a unha arteria "clave para esta cidade".
Abel Caballero garantiu hoxe mércores a licitación da obra de ampliación da ponte de Rande "porque tanto o ministro de Fomento como o alcalde de Vigo están volcados para que así sexa". Logo de expresar a súa satisfacción polo feito de que esta infraestrutura sexa noticia nos medios, o rexedor destacou que o opositor a esta obra, "de 200.000 millóns de euros, "se chama Núñez Feijóo".
O rexedor asegurou que nestes momentos o único importante é saber que ampliación vai ser acometida "non importa que sexa en xuño ou setembro", matizou "o importante é facelo". Os vigueses, dixo, teñen que saber que hai dúas persoas empeñadas en que o proxecto saia adiante -o ministro de Fomento e o alcalde- e "quero que a cidade estea tranquila, que se ampliará una arteria clave para esta cidade". Caballero lembrou que un verán máis, a ponte de Rande se colapsa e, aínda que este ano haxa menos tráfico pola crise, destacou que seguen a rexistrarse retencións das que el mesmo advertiu fai un ano e medio, baseándose en informes. Felicitou ao ministro por "rescatar este proxecto do esquecemento" e criticou a Feijóo por "protestar" cando un proxecto tan "importante" como este está a punto de licitarse.
Referiuse tamén as petición do PP de priorizar a autovía A57, apuntando que "parace que o señor Feijóo non se entera de que son os alcaldes do PP os que se opoñen a este proxecto que xa está priorizado", engadindo que o deseño do aeroporto xa inclúe a esta autovía gratuíta. O Concello de Vigo pon todas as facilidades, outros non".
Descargar todas as imaxes