venres, 5 agosto 2011

O alcalde visitou os traballos de mellora no Mercado do Progreso, que rematán en 12 meses cun investimento de 4,7 millóns

Abel Caballero, xunto á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Comercio, Cayetano Rodríguez, visitaron este venres os traballos de reforma do tradicional mercado vigués, obra iniciada no anterior mandato que concluirá en agosto do próximo ano tras ter destinado o Concello 4,7 millóns de euros. O alcalde tamén adiantou que o goberno local concedeu autorización para a remodelación do Mercado de Teis.

Isaura Abelairas presenta "Castrelos Circus" , un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo

venres, 5 ago 2011

O espectáculo "Castrelos Circus 2", que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo luns 8 de agosto (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués o espectáculo "IN SEPIA". A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, indicou na presentación que será un show de calidade baseado no espledor do circo, na época dorada da que quedan imaxes fotográficas, algúns frescos e recordos.

Manuel Manquiña e Tony Lomba abren a Semana Grande das Festas de Verán

venres, 5 ago 2011

A Semana Grande das Festas de Verán comezará o sábado 6 de agosto ás 12 horas na praza da Constitución cun espectáculo a cargo da Manuel Manquiña e Tony Lombra con Troula Animación. O auditorio de Castrelos reunirá nun concerto ás 22.30 a Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Ás 21 horas dará saída a maratón fotográfica desde a praza do Pobo Galego. Ás 20 horas na praza da Princesa a banda Lira de San Miguel de Oia iniciará o ciclo de concertos "Un mar de Bandas" e na Alameda de Bouzas, o paiaso Popin animará ao público infantil.

XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO<br /> SERVIZO DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS<br />

Bando da Inspección Técnica de Edificacións -ITE- 2011

venres, 5 ago 2011

Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Peche da rúa Espiñeiro

venres, 5 ago 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechada a rúa ESPIÑEIRO no cruzamento con Maceiras, dende o luns 08 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro días.

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

venres, 5 ago 2011

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 26 de agosto de 2011.