Escoitar

O alcalde destaca que 2.800 nenos completan a oferta de actividades de verán do Concello

Abel Caballero e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, visitaron este mércores os obradoiros infantís que organiza o Concello nos catro centros cívicos municipais, tras a que o alcalde avanzou que o goberno que preside ofrece e ten cuberto este verán 2.800 prazas en actividades de verán para os máis pequenos. Caballero salientou a variante lúdica e formativa destes obradoiros cunha "demanda moi importante" entre as familias.

mércores, 3 ago 2011
1312375980coruxo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores que 2.800 nenos e nenas da cidade participan nalgún dos obradoiros de verán que organiza o Concello.

Tras unha visita ao Centro de Cívico de Coruxo, onde ten lugar o organizado por Participación Cidadá, Abel Caballero explicou que o "éxito" desta oferta estival levou a completar o 100% das prazas dispostas polo Concello este ano, ao contar cunha "demanda moi importante" entre as familias.

O alcalde de Vigo salientou a dobre vertente lúdica e formativa dos distintos obradoiros, que permiten aos pais conxugar ocio e traballo namentres que os fillos aprenden. O Concello dispón de actividades de verán nos departamentos de Xuventude, Medioambiente, en VigoZoo, en Deportes e en Participación Cidadá, co que "cubrimos todo o marco da oferta de campamentos de verán" para as familias.

"Percibimos unha gran satisfacción das familias", asegurou o alcalde vigués, e tamén unha "demanda moi importante que queremos seguir abastecemento" de cara a próximos anos. "Veremos qué podemos facer", afirmou Caballero antes de felicitar aos monitores e responsables das actividades.
Descargar todas as imaxes