Escoitar
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro

Leo i Arremecaghona e o dúo Alfeizar na noite máis tola do Festival Son de Vigo o xoves 4 de agosto

Despois de encher a Praza da Constitución co hip hop de El Puto Coke e Wöyza na xornada inaugural do Festival Son de Vigo, promovido pola concellería de Cultura e Festas e Alcaldía, a segunda noite, o xoves 4 de agosto, con O Leo i Arremecaghona e o grupo Alféizar preséntase, sen dúbida, como a máis inclasificable. A proposta ten un obxectivo claro: que a xente goce e se divirta con dous concertos completamente desinhibidos e sen complexos. Todo acontecerá a partir das 22.30h do xoves 4 de agosto na praza da Constitución nunha noite conducida por Tony Lomba.<br />

mércores, 3 ago 2011
1312456830cartelfestas.jpg.jpg
Os concertos de O Leo i Arremecaghona e Alféizar suben ao escenario as iniciativas musicais máis persoais e singulares da cidade e poderíamos dicir tamén do panorama musical galego no seu conxunto.
O primeiro en saír ao escenario será Leo i Arremecaghona, o artista de Matamá, dato que pode parecer pouco trascendente, pero o certo que este cantautor, escritor e, tamén, en boa parte, humorista, reivindica as súas orixes. Leo non é só unha home coa súa guitarra; as súas performances indubidablemente revolucionaron o concepto de canción protesta galega. Ademais é polifacético, en 2007 Edicións Xerais publico o seu libro de poesía Hai cu. Por certo, foi o encargado de poñerlle a banda sonora á entrega dos últimos premios Xerais na Illa de San Simón. Non para; desde hai catro anos percorre todos os recunchos do país coa súa guitarra.

Que dicir de Alféizar? Eles mesmos autoproclámanse representantes da "lírica comarcal" e a súa posta en escena levanta o ánimo a calquera. Gonzo Alonso e Beni Gago, artistas veteranos na escena viguesa, transfórmanse como Alféizar enganchando xa a un público que acode ás súas actuación a pasar un momento inesquecible. Non esaxeramos se dicimos que temas como La guarida del Amor, Tattú ou El culo manchado de caca son coreados como hits nos seus concertos. Alféizar non podía faltar na noite máis singular de Son de Vigo.

Os concertos da Praza da Constitución teñen entrada libre e serán presentados por Tony Lomba.

O sábado 6 de agosto o escenario trasládase ao Parque de Castrelos e as actuacións contarán coa presentación, ademais, do actor Manuel Manquiña. Os que queran gozar das actuacións ben preto dispoñerán de entradas a prezo popular: 3 euros. A venda anticipada de entradas realízase a través de www.servinova.es, no teléfono 902 434 443 (ambos con 0,75 céntimos de gastos de distribución) e na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26).

Os concertos do Festival Son de Vigo:
Mércores 3 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
El Puto Coke + Wöyza.

Xoves 4 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
Leo i Arremecaghona + Alféizar.

Venres 5 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
Amaro Ferreiro+Abraham Boba

Sábado 6 de agosto. Auditorio de Castrelos. 22.30h. Entrada: 3€
Ragdog + Costas + Eladio y los Seres Queridos + Iván Ferreiro
Descargar todas as imaxes