O alcalde anuncia a presenza de Los Planetas en Castrelos, dentro dunha Semana Grande "notable e austera"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron este martes o programa festivo da Semana Grande de Vigo, do 6 ao 16 de agosto. O pregón -que inclúe sorpresas- correrá a cargo de Manuel Manquiña, Tony Lomba e Troula Animación, e o concerto de Los Planetas en Castrelos -sábado 13 de agosto por 5 euros- sobresae no panorama musical. Caballero salientou o aforro de 600.000 euros nunha programación con actos para todos os públicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a presenza dos granadinos Los Planetas en Castrelos como a gran cita musical da Semana Grande de Vigo, que comeza o sábado e remata o 16 de agosto.
O concerto de Los Planetas terá un custe "moi asequible" de 5 euros e celebrarase o próximo sábado 13 de agosto no parque de Castrelos, un grupo de "referencia" -explicou Caballero- no panorama independiente nacional con multitude de premios nos seus últimos traballos discográficos.
O alcalde e a concelleira de Cultura e Festas presentaron unha programación "notable" que caracterízase pola "austeridade" no gasto, ao aforrar 600.000 euros con respecto ao 2010. O orzamento deste ano queda en 996.000 euros, un aforro do 35%, e mantéñense unhas festas "moi satisfactorias" para a cidade.
O pregón terá lugar na Praza da Constitución este sábado ás 12 horas e correrá a cargo de Manuel Manquiña, Tony Lomba e Troula Animación, un acto de inicio das festas que contará con sorpresas para os asistentes.
Xunto aos concertos xa realizados de Juanes e a Coral Casablanca, mañá mércores da comezo o programa Son de Vigo, con concertos gratuitos de bandas de Vigo na Praza da Constitución ata o venres e un fin de festa en Castrelos este sábado coas actuacións de Ragdog e Iván Ferreiro, con entradas a tres euros.
Castrelos Cirkus tamén actuará o próximo 8 de agosto no parque vigués e, tras o espectáculo de Los Planetas do 13 de agosto, o 14 será o turno de Bad Religion, pechando a programación do Marisquiño, que da comezo dous días antes.
Este ano, a Semana Grande inclúe a procesión do Cristo da Victoria -o sete de agosto- e as Festas de San Roque –o 16 de agosto- ao ser dous actos referenciais nos actos do verán de Vigo.
Abel Caballero explicou que a programación inclúe as Noites Temáticas -do 9 ao 14 de agosto ás 22:30h na Praza da Constitución-, configurados como espectáculos adicados a distintos xéneros musicais e escénicos; o Festival Folclórico Internacional, con actividades polos barrios e parroquias e unha xornada final no Auditorio Mar de Vigo o sábado 13 ás 22:30h, con entrada libre; e concertos de bandas populares (do 6 ao 14 de agosto na Praza da Princesa, as 20 horas), un maratón fotográfico que celebrarase o 7 de agosto, previa inscripción o día anterior na Princesa ás 20 horas, e as festas gastronómicas da Sardiña e a do Polvo en Valadares, o domingo 14 de agosto.
Para o público familiar, o Concello de Vigo programou teatro infantil durante seis xornadas (do 8 ao 13 de agosto, ás 20 horas na rúa Londres); xogos olívicos de verán "Vigo 2011" a cargo de Popín Animación, do 6 ao 13 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Alameda de Bouzas, Independencia, a zona peonil do Calvario e A Riouxa; e o Garabato do Xogo, trinto xogos de habilidade con materiais reciclados na Praza de Compostela, de 17 a 21 horas.
Descargar todas as imaxes