Abel Caballero di que o ouro do atleta xuvenil Gonzalo Basconcelo en Turquía chegou "con sacrificio e esforzo"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou ao atleta céltico Gonzalo Basconcelo a "seguir coa gran traxectoria deportiva" que está a realizar pero, ademais, fixo fincapé en que manteña tamén unha traxectoria ascendente nos estudos para completar a súa formación.
Basconcelo, acompañado polo seu pai, Raúl, e o seu adestrador, Alfonso Ortega, foi recibido hoxe en Alcaldía polo rexedor local, que o felicitou pola súa recente medalla de ouro en 2.000 metros obstáculos no Festival Olímpico da Mocidade Europea, en Trabzon (Turquía).
O alcalde e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, departiron co atleta, interesándose polos seus resultados e as súas seguintes aspiracións. "O meu vindeiro obxectivo, a nova tempada, é clasificarme para o Mundial junior", dixo o céltico, moi satisfeito pola medalla de ouro en Turquía, que é un Europeo oficioso, e pola súa participación no Mundial xuvenil de Lille (Francia), semanas atrás.
O alcalde estimou que "hai que valorar o sacrificio e esforzo realizado esta tempada por Basconcelo", que ademais bateu a marca de España da súa distancia. Agora, o atleta terá unhas semanas de vacacións e volverá adestrarse en setembro. O alcalde agasallou ao celeste cunha litografía de Xabier Magallanes.
Descargar todas as imaxes