xoves, 11 xuñ 2026
A Xunta de Goberno licitará mañá venres as obras para executar o proxecto, que transformará o edificio e a súa contorna nun espazo de uso cultural e lúdico para a cidadanía.
mércores, 10 xuñ 2026
O alcalde mantivo uhna reunión coa organización da xornada deportiva que se desenvolverá este domingo, 14 de xuño, no pavillón municipal de Navia co obxectivo de celebrar o final de temporada. O evento organízase para as categorías benxamín, (nados nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019) de 10.00 a 14.00 horas, e alevín (nados nos anos 2014 e 2015) de 16.00 a 20.00 horas. Participarán corenta equipos de Vigo e comarca. Ademais da disputa de partidos, haberá actividades paralelas, entrega de agasallos, sorteos e moitas outras sorpresas.
mércores, 10 xuñ 2026
Abel Caballero recibiu este mércores a Ramiro Rodríguez, quen durante os últimos cinco anos foi cónsul xeral do Uruguai para Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco e que este mes de xuño remata a súa etapa no cargo. No encontro tiveron a oportunidade de analizar os asuntos que afectan á comunidade uruguaia en Vigo e Galicia e o rexedor desexoullo moito éxito nos cometidos profesionais que desenvolva a partir de agora.
mércores, 10 xuñ 2026
O alcalde reseñou hoxe, ante os participantes no XXVIII Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Cardiovascular e Endovascular e o XXIV Congreso Nacional da Asociación Nacional de Perfusionistas, a importancia dos avances “continuos e permanentes” destas especialidades no aumento das expectativas de vida das persoas cunha doenza cardíaca.
mércores, 10 xuñ 2026
O Museo MARCO acolle, desde mañá 11 de xuño ata o 27 de setembro, as creacións de Mariana Gomes e Francisco Mendes Moreira, dous artistas portugueses de recoñecida traxectoria creativa.
mércores, 10 xuñ 2026
A construción das estruturas do paseo e da varanda de madeira contarán cun investimento de 48.082 euros, segundo avanzou este mércores o alcalde.
mércores, 10 xuñ 2026
Abel Caballero explicou que o maior número de apoios concedidos na comisión deste martes correspóndense coas destinadas a alugueiro, un total de 18 por 6.151 euros, “co que evitamos 18 desafiuzamentos”.
mércores, 10 xuñ 2026
O alcalde trasladoulles o agradecemento, no nome de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos dous cidadáns, un deles socorrista profesional, que a pasada tarde evitaron o afogamento de tres persoas na praia de Samil. "Quero felicitarvos e quero agradecervos que salvastes tres vidas", dixo Caballero, que destacou a súa "capacidade cidadá" e o seu valor, dado que conseguiron rescatar a tres persoas da auga, unha delas menor de idade, que non eran capaces de saír polos seus propios medios, e que o lograron en circunstancias adversas e traballando en equipo. Un exemplo de valentís, de compromiso cidadá e da policía "ben formada que temos", recalcou.
martes, 9 xuñ 2026
O Concello ilumina de verde as fontes de Aragón este martes para concienciar á cidadanía sobre a síndrome Apert. Trátase dunha enfermidade rara de orixe xenética que implica craneosinotoses, cirurxías complexas desde o nacemento, seguimento médico de por vida e un importante impacto físico, emocional e social. É unha doenza descoñecida para a maioría da sociedade e baixo o lema "Iluminar para ser visibles" porque o que non se ve, non existe, a asociación APERTCRAS, que acolle a familias que sofren esta enfermidade, quere levar a súa mensaxe a todo o mundo na procura de apoio.
martes, 9 xuñ 2026
O alcalde achegouse este martes á entrega de galardóns da XII edición do Concurso de Tapas de Vigo Petisquiño no que participaron 19 establecementos da cidade, que competiron con 22 elaboracións doces e salgadas. Caballero puxo en valor o certame como promotor da gastronomía da cidade e da actividade económica e felicitou aos restauradores pola calidade dos produtos que ofreceron nesta nova edición así como á organización polo labor desenvolvido.