martes, 9 xuñ 2026
Abel Caballero remarcou este martes a vocación do Consorcio por apoiar aos emprendedores dos proxectos de alta tecnoloxía e por afianzar “a forma de entender a cidade e a economía facendo copartícipe a todo o mundo do avance e do progreso, que colocou a Vigo no lugar onde se atopa agora”.
martes, 9 xuñ 2026
A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras de pavimentación da área situada fronte ao templo relixioso por un importe de 36.000 euros.
martes, 9 xuñ 2026
Do 2 ao 4 de xullo Vigo converterase no epicentro nacional do motor coa nova edición da proba organizada pola Escudería Rías Baixas coa colaboración do Concello de Vigo. A achega municipal ascende a 50.000 euros, segundo avanzou hoxe Abel Caballero.
martes, 9 xuñ 2026
Abel Caballero felicitou esta tarde ás xogadoras da categoría alevín feminino de baloncesto, así como aos xogadores masculinos da modalidade U17 3x3, aos seus adestradoras e adestradores e ao director deportivo do Clube Seis do Nadal de Baloncesto, polos éxitos alcanzados nos campionatos de Galicia e pola súa próxima participación na competición nacional. Animounos a manter a mentalidade gañadora nos próximos partidos que se disputarán en Málaga e Santiago. O alcalde asegurou que esa actitude lles serviu para proclamarse subcampioas galegas e alzarse co bronce, respectivamente.
luns, 8 xuñ 2026
A dous días de pechar o prazo para participar na décima edición da proba do circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo, a carreira alcanza este luns a inscrición de 1.144 deportistas adultos e 402 nenos dos 1.200 previstos.
luns, 8 xuñ 2026
O alcalde presentou esta mañá os soportes informativos dixitais instalados en quince zonas da cidade que emiten, de forma constante, datos das distintas iniciativas municipais.
venres, 5 xuñ 2026
O alcalde destacou este venres, durante a presentación do programa de actos organizados para conmemorar o 20 aniversario do Centro Comercial Gran Vía, o carácter "emblemático" deste espazo e puxo en valor a súa importancia dentro do tecido comercial e económico da cidade.
venres, 5 xuñ 2026
O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral de mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego.
venres, 5 xuñ 2026
O alcalde anunciou este venres o inicio do desenvolvemento do ámbito do PXOM entre a Avenida Emilio Martínez Garrido e a rúa Ceboleira, para a construción de vivendas.
xoves, 4 xuñ 2026
Abel Caballero celebrou a capacidade de emprendemento, de innovación e a aposta permanente pola excelencia empresarial de Vigo e da súa contorna. o delegado do Estado, David Regades, louvou a rigorosidade do informe e o prestixio de todas as empresas presentes no ranking.