Caballero anima á cidadanía a participar o sábado 13 na carreira Nocturna Correndo por Vigo
A dous días de pechar o prazo para participar na décima edición da proba do circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo, a carreira alcanza este luns a inscrición de 1.144 deportistas adultos e 402 nenos dos 1.200 previstos.
O alcalde presentou esta mañá, cos directivos da Asociación de Comerciantes de As Travesas, o director da carreira Nocturna Correndo por Vigo e o director de Máis que Auga de Coia, a proba de dez quilómetros que o vindeiro sábado arrincará desde a Avenida da Florida para discorrer pola contorna do barrio das Travesas.
A proba, que contabiliza 742 adultos e 402 nenos rexistrados na mañá deste luns, comezará ás 22.00 horas. A partir das 20.30 horas a organización programou carreiras para nenos e mozos de ata 15 anos de 200, 400, 600, 800 e 1.200 metros, en función das idades dos participantes.
A saída está prevista na Avenida da Florida, nas proximidades do mercado das Travesas, para discorrer pola Praza de América, Castelao, as rúas Porriño, Baiona e Redondela. A partir de aí comeza a volta por Castelao, Ramón Buch, Fotógrafo Ángel Llanos, Praza da Tellada, Darío Durán Gómez e Florida ata a Avenida de Martín Echegaray.
Caballero dirixiu unha invitación a toda a cidadanía tanto para participar na carreira como do ambiente festivo.