martes, 9 xuño 2026

O XII Concurso de Tapas Petisquiño premia o talento da hostalería viguesa

martes, 9 xuñ 2026

O alcalde achegouse este martes á entrega de galardóns da XII edición do Concurso de Tapas de Vigo Petisquiño no que participaron 19 establecementos da cidade, que competiron con 22 elaboracións doces e salgadas. Caballero puxo en valor o certame como promotor da gastronomía da cidade e da actividade económica e felicitou aos restauradores pola calidade dos produtos que ofreceron nesta nova edición así como á organización polo labor desenvolvido.

Caballero anima ás campioas e campións do clube de baloncesto Seis do Nadal nas competicións galegas pola súa participación na competición nacional

martes, 9 xuñ 2026

Abel Caballero felicitou esta tarde ás xogadoras da categoría alevín feminino de baloncesto, así como aos xogadores masculinos da modalidade U17 3x3, aos seus adestradoras e adestradores e ao director deportivo do Clube Seis do Nadal de Baloncesto, polos éxitos alcanzados nos campionatos de Galicia e pola súa próxima participación na competición nacional. Animounos a manter a mentalidade gañadora nos próximos partidos que se disputarán en Málaga e Santiago. O alcalde asegurou que esa actitude lles serviu para proclamarse subcampioas galegas e alzarse co bronce, respectivamente.

A cidade súmase á concienciación da síndrome Apert

martes, 9 xuñ 2026

O Concello ilumina de verde as fontes de Aragón este martes para concienciar á cidadanía sobre a síndrome Apert. Trátase dunha enfermidade rara de orixe xenética que implica craneosinotoses, cirurxías complexas desde o nacemento, seguimento médico de por vida e un importante impacto físico, emocional e social. É unha doenza descoñecida para a maioría da sociedade e baixo o lema "Iluminar para ser visibles" porque o que non se ve, non existe, a asociación APERTCRAS, que acolle a familias que sofren esta enfermidade, quere levar a súa mensaxe a todo o mundo na procura de apoio.