Exhibición de persoal e material con motivo do DIFAS

mércores, 27 mai 2026

Con motivo dos actos de celebración do DIFAS 2026 en Vigo, nas pistas de atletismo de Balaídos púidose gozar dunha exhibición de persoal e material. Nesta actividade, unidades como a Garda Real, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) ou a Garda Civil ofreceron unha serie de demostracións, como unha exhibición de unidades caninas, rescates ou desactivación de explosivos, entre outras.

O alcalde preside a Xunta de Seguridade previa ao Día das Forzas Armadas

mércores, 27 mai 2026

Abel Caballero e Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra presidiron este mércores a reunión da Xunta de Seguridade previa á celebración do Día das Forzas Armadas este sábado en Vigo. Os actos contarán coa presenza dos Reis de España e da Princesa Leonor. Representantes da Casa Real, do Estado Maior Da Defensa, da Policía Nacional, Local e Autonómica así como da Garda Civil; da Zona Franca, da Autoridade Portuaria e das Urxencias Sanitarias e Emerxencias de Galicia, abordaron o dispositivo de protección para garantir o desenvolvemento seguro dos actos e da Familia Real así como a mobilidade urbana ante a previsible afluencia importante de público para contemplar o desfile das Forzas Armaras e a exhibición aérea.

Caballero pon en valor o traballo e experiencia do CSIC no seu 75 aniversario

mércores, 27 mai 2026

Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía, participaron este mércores na inauguración do “Encontro de Investigación Mariña do CSIC: Cara unha ciencia mariña más conectada, colaborativa e estratéxica” no marco da conmemoración do seu 75 aniversario. Durante dúas xornadas, o persoal investigador do ámbito mariño intercambiará coñecemento, promoverá a innovación científica e poñerá en valor o papel dos ecosistemas mariños como clave no desenvolvemento sostible. O rexedor salientou o labor desenvolvido polo CSIC ao longo da súa historia e fixo unha mención especial ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, organizador deste encontro científico, polo seu traballo de excelencia a nivel mundial.