O alcalde participa na homenaxe da Universidade de Vigo a Patricio Sánchez Bello

mércores, 28 mai 2025

Abel Caballero trasladou este mércores á familia, ao reitor e á comunidade docente da Universidade o "respecto e recordo permanente" da cidade ao falecido director da Escola de Estudos Empresariais, Patricio Sánchez Bello, pola achega realizada a Vigo. O alcalde indicou, na homenaxe organizada pola Universidade na Facultade de Comercio, que "Patricio Sánchez Bello estará para sempre na memoria dos vigueses e xa buscaremos a forma colectiva de visualizar a súa presenza permanente na cidade".

Caballero: “Hoxe hai 18 anos que Vigo me deu a súa confianza como alcalde. Grazas”

martes, 27 mai 2025

Abel Caballero lembrou o resultado das eleccións municipais do ano 2007 que o converteron no alcalde de Vigo. “A partir de aí cada catro anos a cidade renovou a súa confianza en min e no equipo de goberno que eu encabezo”. Caballero agradeceu o voto democrático da cidadanía, que permitiu desenvolver conxuntamente a cidade: “Pasamos dun Vigo gris e escuro a outro cheo de color, actuacións, actividades, humanizacións, zonas deportivas, presencia e recoñecemento no mundo, ao nivel de Madrid e Barcelona”.

Caballero: “Este é un plan excepcional que esta cidade leva esperando décadas”

luns, 26 mai 2025

O novo Plan Xeral ten como prioridade a vivenda protexida, as infraestruturas verdes, o respecto ao patrimonio, a accesibilidade da cidade e o solo produtivo. Caballero defendeu esta mañá un documento que dará solucións ao Vigo dos próximos 50 anos. O novo Plan Xeral contou cos votos favorables do goberno, coa abstención do PP e o voto en contra do BNG.

As fontes de Aragón, de laranxa polo Día da Epilepsia

venres, 23 mai 2025

O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional sobre a realidade e as necesidades dos pacientes con epilepsia, que se celebra este sábado 24 de maio, iluminando de laranxa as fontes da rúa Aragón. Baixo o lema, "Epilepsia, un futuro esperanzador", a xornada quere promover a comprensión e o apoio comunitario para apoiar ás persoas afectadas por esta enfermidade.

A cidade ilumínase de celeste para animar ao Celta

venres, 23 mai 2025

"A cidade tínguese de azul", anunciou o rexedor, ao explicar que este venres pola noite, o Halo, a pérgola da Praza de América e a fonte da Gran Vía coa rúa Illas Baleares iluminaranse de azul para apoiar ao Celta de Vigo no seu "gran día para volver a Europa". O equipo pode quedar clasificado mañá sábado tras o partido co Xetafe, que se xoga en Madrid. "Sempre Celta", anima Caballero. A bandeira do Celta ondea tamén no edificio do Concello como símbolo do apoio de todo Vigo.

O rexedor clausura as "XV Xornadas Municipais de Teatro" nas que participaron 1.400 escolares

venres, 23 mai 2025

O alcalde entregou este venres os diplomas aos estudantes de Educación Primaria da cidade que participaron nas "XV Xornadas Municipais de Teatro e Escolar", organizadas pola Escola Municipal de Teatro, e animounos a matricularse o próximo curso para seguir aprendendo. Alumnado dos CEIPs Javier Sensat e Emilia Pardo Bazán pecharon hoxe as actuacións coa representación das obras "O rei león", "Daniel pirata" e "Superpoderes cotiás", respectivamente. Máis de 1.400 nenas e nenos gozaron durante toda a semana das 13 obras teatrais interpretadas por escolares de 6 a 12 anos.

O Concello acolle a reunión de traballo do Tribunal de Contas e dos consellos de contas autonómicos

xoves, 22 mai 2025

O alcalde saudou este venres aos membros do Tribunal de Contas e dos consellos de contas das comunidades autónomas que durante dous días celebran un encontro no consistorio. “Apreciamos o seu traballo; controlan as contas dos 8.132 municipios de España, e tiven a oportunidade de trasladarlles o financiamento claro e transparente do Concello”, que desde o ano 2011 ten débeda cero. Participan Navarra, Cataluña, Valencia, País Vasco, Andalucía, Canarias, Madrid, Illas Baleares, Castela-León, Asturias, Aragón e Castela A Mancha e Galicia.