O rexedor destaca o papel do Nadal de Vigo, convertida na "primeira cidade turística de Galicia”

luns, 2 xuñ 2025

No balance de goberno reivindicou o Nadal, así como a Reconquista – na que se conseguiu a Declaración de Festa de Interese Nacional – ou os concertos de Castrelos, “cos artistas máis relevantes do panorama actual”. O alcalde puxo en valor os premios que recibe a cidade por obras como o HALO ou a nova potabilizadora: “Cada vez que nos presentamos a algo gañamos”. Outra gran acción no medioambiente foi a transformación de VigoZoo en VigoNature, unha gran aula de educación ambiental e o traballo para que as Illas Cíes sexan declaradas Xeoparque Mundial da UNESCO.

A Xunta de Goberno aproba definitivamente o proxecto das obras de urbanización do PERI II-03 Castro Castriño

venres, 30 mai 2025

A Xunta de Goberno aprobou definitivamente este venres o proxecto das obras de urbanización no PERI II-03 Castro Castriño, en Tomás Alonso, que contará cun investimento de preto de 250.000 euros, segundo explicou o alcalde. “Algo que leva parado desde os anos 90 está neste momento coa obra que vai facer o Concello para a súa posta en marcha”, remarcou.

Caballero remarca a importancia da marca Vigo na clausura da 7ª edición da aceleradora "Vía Exterior" de Zona Franca

venres, 30 mai 2025

Abel Caballero destacou este venres no acto de clausura da sétima edición de Via Exterior, a aceleradora para a internacionalización de empresas galegas impulsada polo Consorcio da Zona Franca, a "vantaxe" da "marca Vigo", que sinala como a terceira en importancia en España. Trátase, dixo, dunha tarxeta de presentación para a actividade comercial nacional e internacional das empresas. O alcalde e presidente do Consorcio de Zona Franca puxo en valor a achega á economía de Vigo e de Galicia desta aceleradora de empresas.