Escoitar

Abel Caballero: “Dentro dunha semana empeza a obra da nova grada de Tribuna”

O rexedor recordou que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra “teñen que pagar un terzo e non queren” da obra de retranqueo dos colectores situados diante da grada de Tribuna.

venres, 22 mai 2026

Caballero desvelou esta mañá que “dentro dunha semana empeza a obra da nova grada de Tribuna”, coa execución da obra de retranqueo dos colectores situados diante da grada de Tribuna. Son dous grandes colectores (o do río Lagares e o de Fragoso), que discorren paralelos á Tribuna e teñen un diámetro de máis de metro e medio e unha capacidade de desaugadoiro de 3.600 litros por segundo. Os traballos de retranqueo implicarán un volume de escavación de 8.500 metros cúbicos.

O investimento nesta actuación é de 2.821.000 euros, polo que Caballero explicou que a  Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra “teñen que pagar un terzo e non queren”. O alcalde sinalou que “están tratando de que non cheguemos a tempo, pero imos facelo porque xa estamos coa obra”. Finalizou recordando que “neste momento a Deputación aínda nos debe 3.400.000 € da grada de Gol, que tivemos que adiantar o pago desde o Concello”.

 

Descargar todas as imaxes