As rúas Perigos e Elduayen conectaranse a través de escaleiras e contarán cunha nova praza
A Xerencia de Urbanismo do próximo martes iniciará o proceso para adquirir unha parcela en Perigos que permitirá conectar coa rúa Elduayen. A actuación permitirá contar cun novo espazo cidadán no Casco Vello.
O alcalde anunciou a incoación do expediente para a adquisición dunha pequena parcela en Perigos o que vai permitir mellorar a comunicación entre esta rúa e Elduayen, unha actuación prevista no Plan Especial do Casco Vello. Caballero engadiu que o obxectivo é seguir rehabilitando o casco histórico e mellorando a comunicación con escaleiras, ademais de construír unha pequena praza.
Na Xerencia de Urbanismo da semana que vén tamén tamén comezará o procedemento de estudo detalle na rúa Mantelas. O obxectivo é determinar a posición dos volumes edificatorios. Está prevista a construción dunhas 30 vivendas.