A construción dos novos peches do complexo deportivo de Samil comezarán a finais de verán
A Xunta de Goberno aprobou este venres licitación das obras dos novos peches do complexo polideportivo de Samil. O investimento ascende a 191.372 euros. “En breve tempo, a zona de Samil, enteira, con pistas de tenis, campo de fútbol e o resto das instalacións, en perfecto estado de uso”, recalcou Abel Caballero.
O alcalde destacou que as obras, que se prolongarán durante dous meses, conlevan a renovación integral de todos os peches e das as mallas da instalación na zona das pistas de tenis, así como a instalación de novas portas de acceso e a construción dun novo muro.
O Goberno municipal tamén aprobou este venres a actualización do proxecto para o mantemento e a mellora das condicións do campo de fútbol de Samil, que conta cun investimento de 796.993 euros e un prazo de execución de catro meses.
O alcalde destacou que o proxecto contempla a instalación dun novo céspede artificial do campo de fútbol de última xeración, alén da renovación da rede de augas pluviais coa instalación dun circuíto de reaprovechamiento para almacenar e reutilizar a auga de rega do campo, a renovación da iluminación, e a construción dun peche novo en toda a lonxitude do campo para conter as terras que soportan o terreo de xogo. O Concello tamén resolverá o afundimento do campo cara á zona do Lagares.
Becas da Escola Oficial de Idiomas
O executivo de Vigo adxudicou as 50 bolsas municipais destinadas a que os alumnos da Escola Oficial de Idiomas realicen estancias internacionais para mellorar o seu coñecemento de idiomas.
Caballero lembrou que do total das axudas: 18 son para a aprendizaxe de inglés, 8 de italiano, 7 de xaponés , 6 de francés, 5 de alemán, 3 de portugués e 2 de chinés. Explicou que o importe das becas abarca desde os 1.450 euros para os estudantes desprazados a Portugal aos 2.200 euros para quen realice a súa aprendizaxe na China e Xapón.
Preto de 1.000 estudantes da Escola Oficial de Idiomas profundaron os seus coñecementos de idiomas coas bolsas do Concello de Vigo desde o inicio do mandato de Abel Caballero, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros.