A ocupación hoteleira desta fin de semana alcanzou o 85 por cento
luns, 22 set 2025Os hoteis de Vigo pecharon a terceira fin de semana de setembro cunha ocupación próxima ao 85 por cento. “Unha ocupación extraordinaria”, remarcou hoxe o alcalde.
Os hoteis de Vigo pecharon a terceira fin de semana de setembro cunha ocupación próxima ao 85 por cento. “Unha ocupación extraordinaria”, remarcou hoxe o alcalde.
Este domingo, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer que este ano ten como lema "Igualando Dereitos" para reivindicar que os dereitos das persoas afectadas por esta enfermidade e por outras demencias sexan tidos en conta e sexan iguais que os que xa se lle recoñecen a outros colectivos. O Concello súmase á xornada iluminado de verde as fontes da rúa Aragón.
A Corporación convocou tres minutos de silencio na Praza do Rei, fronte á Casa Consistorial, para gardar 3 minutos de silencio en sinal de condena ao xenocidio contra o pobo palestino en Gaza. O Concello de Vigo sumouse ao compromiso coa paz e os dereitos humanos.
O maior buque da historia da Garda Civil, que leva o nome do fundador deste Corpo, foi construído en Vigo por Astilleros Armón, cun investimento de 35 millóns de euros. No acto de entrega e posta en funcionamento, celebrado nas instalacións do estaleiro, estivo presente o alcalde, o delegado do Goberno en Galicia e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, quen puxo en valor a función “multipropósito” que cumprirá o buque desde a vixilancia de fronteiras ata operacións humanitarias ou protección do medio ambiente.
O Concello dedica 500.000 euros na reconstrución e transformación do muro do parque Nelson Mandela de Navia “nun lugar de estancia con bancadas” que achegará “un novo espazo de lecer á cidadanía”, segundo avanzou este mércores Abel Caballero.
Potenciar e facilitar o coñecemento da cidade, ademais da socialización entre as persoas maiores para combater a soidade non desexada, son os obxectivos da actividade gratuíta “Coñece Vigo”, que está enmarcada no programa municipal “Vigo, cidade amiga dos maiores”. O alcalde explicou que os roteiros estarán dirixidos por guías oficiais acreditados.
“A política de vivenda da Xunta é inexistente en Vigo”, censura Caballero, apuntando a tardanza de “tres meses” en responder á carta que enviou ao presidente autonómico reclamando as competencias.
O próximo mes de outubro comezará a humanización da estrada Clara Campoamor, entre as rotondas de Ramiro Pascual e do Hospital Álvaro Cunqueiro. O alcalde apuntou este martes que a obra mellorará a seguridade dos peóns e que debería ser financiada pola Xunta de Galicia por ser a vía de acceso ao hospital.
O rexedor vigués volveu deixar clara a súa posición sobre a autoestrada AP-9, explicando que aínda “estamos pagando peaxes polo disparate da concesión de Aznar”. “Non podemos estar pagándoa con peaxes unha e outra vez”.
O acordo establece a creación dunha comisión asesora que estudará oportunidades para a adquisición de novas obras por parte de Zona Franca. O Consorcio atesoura un conxunto artístico con obras de Pradilla, Laxeiro, Sotomayor, Maruja Mallo, a saga Quesada, Lodeiro, Antón Patiño ou Silverio Rivas, entre outros.