A ETEA avanza na súa transformación

martes, 16 xuñ 2026

A Comisión de Seguimento da ETEA, formada por Concello, Zona Franca e Xunta de Galicia, reuniuse este martes e encargou a TRAGSA o proxecto de urbanización da vía de acceso e do aparcadoiro subterráneo, que estará listo antes de final de ano.

Vigo alcanza a décima vasoira de platino

luns, 15 xuñ 2026

A dixitalización do servizo de limpeza proporcionou ao Concello de Vigo o novo recoñecemento. “Somos a cidade máis limpa de Europa”, recalcou o alcalde ao explicar que a semana pasada foi entregado o galardón que recoñece a situación da cidade.

A cidade súmase ao Día Mundial do Doante de Sangue e polo Día Nacional das Linguas de Signos

venres, 12 xuñ 2026

O Concello iluminará este domingo 14 de xuño de cor vermello as fontes da rúa Aragón con motivo da celebración do Día Mundial do Doante de Sangue, co obxetivo de sensibilizar á opinión pública sobre a necesidade de doar sangue e plasma para coidar da saúde das persoas. Ao mesmo tempo iluminará de azul turquesa a fonte da rúa Illas Baleares polo Día Nacional das Linguas de Signos para compartir e promover a súa difusión e normalizar o seu uso.

O alcalde felicita a Rosiña Carpintero polo relato da súa leucemia no libro "Rosiliencia"

venres, 12 xuñ 2026

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Rosiña Carpintero, autora de "Rosiliencia", un libro no que conta o seu proceso como paciente de Leucemia Mieloide Aguda e co que quere "dar vida" ás familias ás que o mundo se lles para de repente co diagnóstico dunha enfermidade grave. Rosiña traslada ao lector os sentimentos polos que transitan as persoas enfermas e a importancia do apoio da familia e das amizades. Ademais, quere visibilizar a necesidade da doazón de médula ósea, unha acción altruísta que salva vidas cunha simple extracción de sangue. A presentación de "Rosiliencia" será hoxe venres, 12 de xuño, ás 19:30 na librería Librouro.

O alcalde eloxia o traballo do alumnado na XI edición do Faro da Escola

xoves, 11 xuñ 2026

Abel Caballero participou este xoves na entrega de premios do Faro da Escola, o proxecto editorial co que Faro de Vigo achega a prensa, os periódicos e o labor xornalístico aos centros educativos da provincia de Pontevedra. No acto, celebrado no pavillón municipal de Navia, estiveron representados os 35 colexios participantes con preto de 1000 alumnos. O rexedor eloxiou o traballo xornalístico dos escolares que redactaron, editaron e publicaron fotografías no Faro da Escola dos seus respectivos centros educativos e agradeceu a iniciativa ao xornal e ao profesorado que participa neste programa.