O alcalde felicita a Rosiña Carpintero polo relato da súa leucemia no libro "Rosiliencia"
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Rosiña Carpintero, autora de "Rosiliencia", un libro no que conta o seu proceso como paciente de Leucemia Mieloide Aguda e co que quere "dar vida" ás familias ás que o mundo se lles para de repente co diagnóstico dunha enfermidade grave. Rosiña traslada ao lector os sentimentos polos que transitan as persoas enfermas e a importancia do apoio da familia e das amizades. Ademais, quere visibilizar a necesidade da doazón de médula ósea, unha acción altruísta que salva vidas cunha simple extracción de sangue. A presentación de "Rosiliencia" será hoxe venres, 12 de xuño, ás 19:30 na librería Librouro.