O Goberno local iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño
O alcalde informou da adxudicación das obras na Xunta de Goberno Local deste venres, que suporán un investimento de case 1 millón de euros. Segundo explicou, estas actuacións mellorarán a circulación de vehículos e ampliarán espazos para os peóns.
Sobre a rúa Tomiño, Caballero apuntou que esta obra, cun prazo de execución de catro meses, reordenará os espazos para os peóns e a mellorará a accesibilidade con novas beirarrúas. A humanización contempla mellorar para a circulación viaria, alén da renovación das redes de abastecemento, saneamento, iluminación, enerxía, gas e telecomunicacións. A estes equipamentos sumarase o novo mobiliario urbano. O orzamento é de 600.000 euros.
Outra das rúas do barrio de Coia na que comezarán as obras de humanización este verán será Tomiño. Abel Caballero explicou que está previsto corrixir os fluxos circulatorios, renovar servizos, mobiliario urbano, xardinería, iluminación e pavimentación. O obxectivo, avanzou, é mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas, delimitar as zonas de aparcamento, dar continuidade ás beirarrúas fronte ao parque infantil para mellorar a seguridade así como renovar as redes de saneamento e abastecemento. O prazo de execución é de 6 meses e o investimento de 340.000 euros.