O alcalde eloxia o traballo do alumnado na XI edición do Faro da Escola
Abel Caballero participou este xoves na entrega de premios do Faro da Escola, o proxecto editorial co que Faro de Vigo achega a prensa, os periódicos e o labor xornalístico aos centros educativos da provincia de Pontevedra. No acto, celebrado no pavillón municipal de Navia, estiveron representados os 35 colexios participantes con preto de 1000 alumnos. O rexedor eloxiou o traballo xornalístico dos escolares que redactaron, editaron e publicaron fotografías no Faro da Escola dos seus respectivos centros educativos e agradeceu a iniciativa ao xornal e ao profesorado que participa neste programa.