Escoitar

O Goberno municipal renova a pasarela da praia da Fontaíña

A construción das estruturas do paseo e da varanda de madeira contarán cun investimento de 48.082 euros, segundo avanzou este mércores o alcalde.

mércores, 10 xuñ 2026

Abel Caballero explicou que nestes momentos están en marcha os traballos previos ao comezo das obras a próxima semana, previsiblemente o martes 16, e que se prolongarán durante un mes.

O rexedor lembrou que a mellora forma parte da intervención municipal programada na praia do Vao e de toda a súa contorna. “Un espazo natural de interese local que queremos rexenerar e que se poida gozar por parte da cidadanía de forma adecuada”, afirmou.

Finalizada a vida útil da pasarela e da varanda de madeira, o Concello vai desmontalas e a retiralas integramente para substituílas por novas estruturas. “Unha nova acción cun novo paseo na praia da Fontaíña”, destacou o rexedor.

Descargar todas as imaxes