Caballero felicita aos policías e civís que rescataron a tres persoas en Samil
O alcalde trasladoulles o agradecemento, no nome de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos dous cidadáns, un deles socorrista profesional, que a pasada tarde evitaron o afogamento de tres persoas na praia de Samil. "Quero felicitarvos e quero agradecervos que salvastes tres vidas", dixo Caballero, que destacou a súa "capacidade cidadá" e o seu valor, dado que conseguiron rescatar a tres persoas da auga, unha delas menor de idade, que non eran capaces de saír polos seus propios medios, e que o lograron en circunstancias adversas e traballando en equipo. Un exemplo de valentís, de compromiso cidadá e da policía "ben formada que temos", recalcou.