Escoitar

Vigo participa no proxecto TourVET para formar novos profesionais en turismo

O alcalde recibiu a unha delegación con responsables dos países implicados e asegurou que a cidade está en condicións de compartir o seu modelo turístico con Xordania, Palestina ou Tunisia.

mércores, 10 xuñ 2026

Abel Caballero afirmou que “Vigo é unha potencia turística neste momento” e asegurou que a cidade non só está en condicións de participar neste tipo de iniciativas internacionais, senón tamén de achegar a súa experiencia e o seu modelo de éxito a outros territorios.

O proxecto TourVET reúne centros educativos e universidades de España, Portugal, Turquía, Tunisia, Palestina e Xordania co obxectivo de modernizar a Formación Profesional nos sectores da hostalaría e do turismo, impulsando un modelo baseado na sostibilidade, a protección do patrimonio cultural e a colaboración entre o ámbito educativo e o empresarial.

Descargar todas as imaxes