Escoitar

O Goberno local facilitará a ampliación do patio do CEIP Canicouva derrubando a antiga vivenda dos mestres

O Concello posibilitará a ampliación do patio de recreo do CEIP Canicouva derribando a antiga Casa de Mestres situada dentro da parcela do centro educativo. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobará mañá o proxecto de execución dun muro de contención do colexio Villalaura.

xoves, 11 xuñ 2026

O goberno local aprobará a derruba completa das vivendas situadas na parcela do CEIP Canicouva cun orzamento de máis de 60.000 euros. O Concello atende, deste xeito, unha petición da dirección do centro educativo que prevé ampliar o patio do xogo. A antiga Casa de Mestres ocupa unha superficie duns 660 m², repartidos en catro alturas que en breve formarán parte da zona de recreo escolar.

Muro Villalaura

O alcalde tamén deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de execución do muro de contención de acceso á escola de educación infantil Villalaura. Cun orzamento de 108.000 euros e un prazo de execución de 2 meses, o obxectivo é construír un novo muro de formigón armado, tal e como explicou o rexedor.

Esta actuación súmase a outros proxectos similares que o Concello está a desenvolver noutros centros educativos: Igrexa-Valadares, 102.774 euros; Mestres Goldar, 124.000 euros; e Valle Inclán, (178.660 euros). En total, o importe global nestas accións de reforzo da seguridade elévase a case 700.000 euros.

Descargar todas as imaxes