Escoitar

O Concello dedica 1,8 millóns de euros á reforma da planta baixa do Auditorio Mar de Vigo

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á licitación das obras de reforma que teñen un presuposto de 1.870.814,36 euros. O Concello prevé que inicialmente o espazo acolla unha exposición sobre Julio Verne.

venres, 12 xuñ 2026

Abel Caballero informou este venres da aprobación da licitación da obra de reforma do local situado na planta baixa do Auditorio Mar de Vigo, que terá un orzamento de 1.870.814 euros e contará cun prazo de execución de 4 meses, tras a adxudicación.

O proxecto municipal planifica dividir o espazo en tres partes con diferentes usos. A maior superficie será utilizada "para congresos, reunións e exposicións, por tanto, un espazo ao que vai ter acceso a cidadadanía”, explicou o alcalde, mentres os outros dous espazos corresponden a almacéns. Caballero indicou que “o local que imos habilitar ten unha capacidade para acoller ata 1.000 persoas" e recordou que “inicialmente este espazo vai acoller unha exposición sobre Julio Verne”.

Descargar todas as imaxes