Escoitar

O Encontro de Música Militar enche a Porta do Sol

A música foi este xoves a protagonista da programación do Día das Forzas Armadas que este ano se celebra na cidade. Miles de persoas gozaron dos recitais de seis unidades militares de música así como dunha agrupación da Federación Galega de Bandas de Música.

venres, 29 mai 2026

O alcalde presidiu o acto xunto ao Xefe do Estado Maior da Defensa, o almirante xeral Teodoro Esteban López Calderón nunha Porta do Sol na que se congregou numeroso público, que previamente puido ver ás bandas desfilando pola rúa do Príncipe.

No encontro participaron arredor de 300 músicos da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, con sede na Coruña; a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín; a Unidade de Música da Academia Básica do Aire e o Espazo, con sede en León; a Unidade de Música da Brigada 'Rey Alfonso XIII' II da Lexión, con sede en Almería; a Unidad de Música da Dirección Xeral da Garda Civil, con sede en Madrid e unha agrupación da Federación Galega de Bandas de Música e a Unidade de Música da Garda Real.

Marchas militares, pasodobres, cancións populares, algún tema galegos e ata clásicos do rock e mesmo un tema na honra da Princesa Leonor interpretado pola Banda da Escola Naval de Marín conformaron un programa musical que se pechou coa interpretación conxunta de varios temas: 'Santiago' de José Álvarez, 'Alborada' de Xosé Manuel Fernández, 'Maruxiña' de Antonio Amigo Ramos e o 'Bolero Militar' de Jacques Devogel, antes da interpretación do himno nacional de España, como broche final do concerto.

 

Descargar todas as imaxes