O Petisquiño estréase na primavera coa participación de 19 restauradores
O concurso de tapas de Vigo cambia de estación. A XII edición, que arrincará este venres 15 de maio para finalizar o domingo 31, conta coa competición de 22 elaboracións salgadas e doces e renova o apoio do Concello.
O alcalde, os responsables da Federación Empresarial Provincial de Turismo e Hostalería e os propietarios dos 19 establecementos en competición, presentaron esta mañá o concurso de tapas, que permitirá degustar as súas propostas por 4 euros.
O rexedor, tras cualificar de “notable” o evento por propiciar a promoción gastronómica e potenciar a actividade económica, avalou a decisión de cambiar as datas da celebración, á vez que reiterou o apoio do Concello se a organización repite a iniciativa no outono, estación tradicional da celebración do Petisquiño. “Sodes un exemplo de como entender Vigo desde a gastronomía e os eventos”, recalcou.
A presidenta da Federación Empresarial Provincial de Turismo e Hostalería, Celia Cabrera, avanzou que “o cambio de data afianza a dinamización de eventos gastronómicos en diferentes épocas do ano. Antes o Petisquiño celebrábase demasiado próximo ao Nadal e o sector agradece este cambio que significa ou pistoletazo de saída do verán”.
Os participantes poderán elixir a mellor tapa entre as 18 salgadas e as 4 doces en competición. As tapas puntuaranse nunha primeira fase por votación popular e por un xurado profesional que visitará os locais de incógnito. Os oito establecementos mellor valorados pasarán á final na que o 9 de xuño deberán elaborarán en directo as súas creacións ante un xurado que decidirá a Mellor Tapa 2026. Ademais, outorgaranse varios recoñecementos: catro mencións a finalistas, a tapa máis popular, a mellor maridaxe, mellor tapa elaborada con produtos do mar, a tapa máis larpeira e a tapa máis riquiña.
Locais participantes
Cabaleiro sinalou a participación de As Cunchas, As Lolas Espazo gastronómico, Attica21, Baruta Burguer & Kitchen, Bendito Nopal, Chemin de Fer, Costeira MX, Konvini, A Revoltosa, NH Collection, Rooftop Hotel Maroa, Sierra Madre taquería, Sota, Trepia Gastronomía, Vacaloura, Valdevez, Voltarei, O Croque e La Villa Bouzas.