Escoitar

Caballero valora a evolución da grada de Gol que acada "unha altura singular"

O rexedor destacou que os traballos de construción da nova bancada “avanzan a moi bo ritmo”.

mércores, 13 mai 2026

Abel Caballero apuntou este mércores que desde dentro do estadio pode observarse a evolución dos traballos de construción da nova grada que se está elevando ata acadar unha "altura singular”, valorando que a obra “avanza a moi bo ritmo”. Tamén se encontran establecidas “en gran medida” as estruturas de formigón “na que se van instalar os asentos”.

Tal e como explicou, a principios de verán a grada estará sen cuberta “pero enteira construída”, indicando que “nese momento imos realizar paralelamente as reparticións de espazos, traballos de albanelería, de carpintería, illamento, pavimentacións e a instalación de todo o saneamento”. A finais de verán establecerase a malla que sostén a cuberta e a partir dese momento a propia cuberta da grada, que “a finais deste ano estará acabada”. Coa nova estrutura, Balaídos contará con 31.000 espectadores de capacidade, que se incrementará coa posterior ampliación de Tribuna de cara ao Mundial 2030.

 

Descargar todas as imaxes