Escoitar

O Concello remata obras en colexios públicos por preto de 168.00 euros

O plan de mellora das instalacións dos centros educativos de Vigo avanza coa execución de 8 novas intervencións en 7 colexios.

mércores, 13 mai 2026

O alcalde destacou esta mañá que o Goberno Municipal destinará este ano máis de 725.000 euros ás obras centradas na reparación das distintas instalacións dos centros.

Centros

. CEIP Otero Pedrayo. Instalación dun novo pavimento no ximnasio e reparación de todas as canalizacións de pluviais.

. CEIP Candeán Igrexa. Transformación da pista inferior nunha zona de terra destinada a distintas actividades escolares.

. CEIP Dobrada. Reparación e acondicionamento do pavimento da pista polideportiva.

. CEIP Canido Ría de Vigo. Reparación dunha zona da cuberta principal e substitución da tarima da aula de música e renovación de todos os canalóns dos distintos edificios.

. CEIP Cabral Sello. Acondicionamento da pista polideportiva.

. CEIP Emilia Pardo Bazán. Melloras no muro de peche do centro.

. CEIP Frián Teis. Repintado o circuíto de seguridade viaria do patio.

Descargar todas as imaxes