Escoitar

VigoCultura congrega 8.696 asistentes no primeiro semestre de 2026

“Un gran éxito”, apunta o rexedor, ao facer balance do desenvolvemento do primeiro semestre da programación municipal que ofreceu 26 espectáculos para tódolos públicos.

martes, 12 mai 2026
Caballero facendo balance de VigoCultura
Caballero facendo balance de VigoCultura

O primeiro semestre de 2026 de VigoCultura pechou sumando 8.696 asistentes aos espectáculos que se representaron no Auditorio Municipal. Foron un total de 26 actuacións, das que unha delas, a da apertura desenvolveuse, na rúa Príncipe ao aire libre. 

Tal e como explicou Abel Caballero, as representacións de VigoCultura “foron un éxito” coa capacidade da sala “case completa” na maioría dos espectáculos, que se ofreceron desde o mes de xaneiro e ata o 2 de maio para diferentes públicos, con temática variada e prezos accesibles, que tiveron “moi boa acollida”.

“Foi un gran éxito e xa estamos preparando o segundo semestre deste ano 2026. A cultura é o primeiro”, indicou o alcalde, ao informar da subvención de 350.000 euros que o Concello dedica á programación do Auditorio Municipal.

Descargar todas as imaxes