O goberno local inicia unha campaña cidadá chamando ao consumo responsable de auga

xoves, 29 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que hoxe xoves da comezo a campaña municipal en distintos medios de comunicación para sensibilizar á cidadanía viguesa da necesidade de aforrar auga, ante a eventualidade dun outono seco. Actualmente, o nivel embalsado no encoro de Eiras -o que suministra á cidade- atópase nun 51%, o que podería surtir de abastecemento ata xaneiro.

O alcalde anuncia o inicio dunha campaña de consumo responsable de auga de non preverse choivas

mércores, 21 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que, de continuar as previsións metereolóxicas sen choivas, o goberno local iniciará unha campaña cidadá en medios para chamar ao consumo responsable de auga, dado que o gasto do Concello xa é "mínimo" desde hai un mes. O primeiro edil indicou que estamos nunha "situación moi difícil", co volume embalsado en Eiras dun 54,4% e en Zamáns dun 45,5%.

Abel Caballero anuncia que a próxima semana iníciase a humanización da bifurcación da Travesía de Vigo

mércores, 7 set 2011

Á altura do número 160 da Travesía de Vigo, o alcalde anunciou que a próxima semana dará comezo o proxecto de humanización deste treito do vial, un compromiso adquirido por Caballero durante a campaña electoral que estará rematado tras dous meses de obras. Explicou o primeiro edil que o importe da obra achégase aos 100.000 euros e deixará este treito da rúa coa máxima calidade, "no mesmo nivel que o conxunto da Travesía de Vigo".

O alcalde anuncia un incremento do 20% na cesión de auga de Vigo a Baiona

martes, 6 set 2011

Abel Caballero informou hoxe martes da decisión de ampliar o caudal de auga que Vigo cede a Baiona ante a "situación límite" do concello miñorano. Tras ter recibido unha carta do seu homólogo, o alcalde de Vigo explicou que incrementarase o trasvase de 24 a 29 litros por segundo, sempre condicionado á garantía de abastecemento de auga á cidadanía de Vigo.

Caballero apunta que "hai auga para dous meses" na área de Vigo e insta á Xunta a asumir a súa "responsabilidade"

xoves, 11 ago 2011

Tras unha reunión cos responsables de Aqualia, o alcalde remitiu hoxe xoves o envio dunha carta ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia para que "adiante a reunión" con Caldas, Soutomaior, Fornelos e Vigo para solventar canto antes o "serio risco" de desabastecemento que sufre a área metropolitana viguesa. É "responsabilidade única" da Xunta de Galicia, explicou Caballero, quen recordou que, de non chover, "Nigrán e Baiona entrarán el alerta vermella".

O alcalde indica que as medidas municipais de contención no consumo de auga aforran 810.000 litros cada día

mércores, 10 ago 2011

Abel Caballero desvelou hoxe mércores que o goberno local ven implementando desde o pasado venres medidas de aforro no consumo público de auga que permiten manter nos encoros vigueses 810.000 litros ao día. O alcalde adiantou que o Concello tamén iniciará unha campaña de concienciación cidadá para o consumo responsable e reclamou á Xunta de Galicia que adiante unha reunión cos municipios indicados para anticipar solucións a eventuais problemas de abastecemento.

Caballero reitera á Xunta que habilite un azud para garantir o abastecemento de auga no outono

martes, 5 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a remisión dun novo escrito á Xunta de Galicia para que habilite unha conexión entre o río Verdugo e o encoro de Eiras que garanta o abastecemento no caso de ter un outono seco. "Cremos que é imprescindible que a Xunta de Galicia atenda a demanda que lle está a facer esta cidade", apuntou, pois "non pódese por en risco o abastecemento de auga no outono". O nivel de auga nos encoros vigueses é o segundo peor da década.

Caballero confirma a cesión de 20 litros de auga por segundo a Baiona e anuncia un plan de consumo responsable

mércores, 29 xuñ 2011

O alcalde de Vigo anunciou hoxe mércores a decisión, tras estudala cos técnicos, de ceder 20l/sg de auga a Baiona para paliar os seus problemas de abastecemento; unha cesión condicionada ao volume de auga que vaia rexistrando periódicamente tanto o encoro de Zamáns como o de Eiras, porque "a prioridade é a auga desta cidade". Caballero tamén tomará coma "referencia" a conexión do rio Verdugo a Eiras, cuxa obra reclama á Xunta de Galicia para garantir o servizo no caso dun outono seco.

Vigo cederá auga a Baiona e Caballero reclama á Xunta unha conexión do Verdugo ao encoro de Eiras

luns, 27 xuñ 2011

O alcalde de Vigo garantiu este luns abastecemento de auga para Baiona ao seu homólogo, Jesús Vázquez Alumuiña, cesión que estudará cos técnicos nos próximos dous días. Caballero indicou que a situación actual dos encoros de Vigo -suficiente para o verán- é das peores dos últimos dez anos, polo que reclamou á Xunta de Galicia que constrúa un empalme desde o río Verdugo ata Eiras, por "responsabilidade" e prevendo un outono seco.