Escoitar

O goberno local inclúe na humanización de Aragón un novo parque infantil e outro biosaudable

Abel Caballero visitou este luns a segunda fase da reforma da rúa Aragón, recentemente concluída, que engade unha mediana, a creación de dous parques -un infantil e outro biosaudable- e unha rotonda na confluencia con San Xoan. O alcalde anunciou que se acometerá a última etapa da humanización e recordou que, baixo o seu mandato, se investiron 30 millóns no entorno.

luns, 17 mar 2014
1395060359aragon.JPG
Abel Caballero visitou este luns a segunda fase da humanización da rúa Aragón, sobre medio quilómetro de lonxitude de actuación reformando preto de 20.000 metros cadrados de superficie con beirarrúas de granito, 100 árbores, 70 novos puntos de luz, 15 bancos, 18 papeleiras e outras 18 xardineiras. O Concello executou tamén a renovación de case que dous quilómetros lineais de redes soterradas, entre o abastecemento, o saneamento e a canalización das augas pluviais.

O treito recentemente humanizado de Aragón chega ata a confluencia coa rúa San Xoan, onde o goberno de Vigo construíu unha mediana e unha nova glorieta cun faro. Como novidade, a segunda fase sumou a creación dun novo parque infantil e doutro biosaudable, cada un con cinco elementos e 100 metros cadrados de superficie aproximada.

Abel Caballero recordou que a primeira fase da humanización, a marxe par de Aragón ata o número 80 cun investimento municipal de dous millóns de euros, incluíu as tres novas fontes da confluencia de Jenaro de la Fuente con Ramón Nieto, o Calvario e Martínez Garrido. O rexedor anunciou que se completará a humanización da nomeada rúa coa execución da terceira fase, enlazando coa Travesía de Vigo.

Caballero recordou que, baixo o seu mandato, o Concello de Vigo investiu 30 millóns no entorno, ao ter executado melloras en Aragón, Sagunto, Travesía do Pino, León, Cataluña, Jesús Fernández, Portela, Badajoz, Antela Conde, Andalucía, Palencia, Toledo, Travesía de Vigo, Cristo, Extremadura, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido e Ramón Nieto. Agora está en marcha a rehabilitación do edificio Bandeira e a humanización dun treito de Jenaro de la Fuente, ademais de ter en previsión para 2014 a reforma de Mestre Soutullo, Extremadura, Gregorio Espino, a mediana de Aragón, Martínez Garrido, Travesías de Toledo e Numancia.
Descargar todas as imaxes